» 09/09/2010 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Setembro 2010 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE


Visitar Blog






Inicio » MUNICIPAIS 2007 » Eleccións Municipais de maio 2007
  
Reportaxe
» Varios podiums na sexta edición
O C.C. Maceda celebra a Festa do Mini BTT
Eleccións Municipais de maio 2007
 Engadido: 08/05/07      

Presentación dos candidatos ás alcaldías ourensás

Hai xa algunhas semanas que entramos no periodo de pre-campaña electoral, e os partidos políticos comenzaron a presentar ós seus candidatos ás alcaldías ourensás. As tres principais formacións (PP, PSdeG-PSOE e BNG) terán representación en tódolos concellos da provincia, unha situación que se dá por primeira vez nalgúns dos partidos.


Os principais líderes políticos de cada formación estiveron apoiando e respaldando as candidaturas e ós candidatos, e nalgúns dos concellos, ademais, organizáronse reunións cos cabezas de lista para ultimar os detalles dos programas cos que concurrirán ás eleccións municipais de maio.


Durante este periodo de pre-campaña electoral, as formacións están a achegar ós cidadáns as ideas básicas do partido e, en liñas xerais, os proxectos que para cada concello teñen os candidatos, en función, tamén, das xestións levadas a cabo durante os últimos catro anos de goberno.


Ata o próximo 11 de maio, que comenza oficialmente a campaña electoral, o PP, o PSdeG-PSOE, o BNG e as demais formacións políticas que concurren a estas eleccións municipais, continuarán nesta liña de presentacións.


Será a partir de esa data, cando entrarán por completo na campaña e comenzarán a desglosar, xa dunha forma máis oficial, cada un dos puntos dos que se compoñen os seus programas electorais.


Ó longo destas páxinas recollemos brevemente, ordeadas según a súa data de presentación, as candidaturas que se deron a coñecer no último mes en toda a provincia de Ourense ata o peche de esta edición.

Texto: Patricia González Lindoso  





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info


Visitas Online: 8

Visitas hoxe: 9, de un total de: 1355483 visitantes, dende 2002-11-01

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
08 Setembro 2010
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.