OurenseÚltima hora

1.384.000 euros para as catro Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)

Seixalbo, Casco histórico, Polvorín-Camelias-A Carballeira e Serra San Mamede-Cruceiro Quebrado-A Inmaculada son as zonas delimitadas na cidade de Ourense
Praza Maior de Ourense.

Seis concellos da provincia de Ourense beneficiaranse dos preto de 1,9 millóns de euros cos que a Xunta financiará nove Áreas de Rehabilitación Integral (ARI). No caso do Concello de Ourense, serán un total de 1.383.739,19 euros para repartir entre as catro áreas existentes na cidade: Seixalbo, Casco histórico, Polvorín-Camelias-A Carballeira e Serra San Mamede-Cruceiro Quebrado-A Inmaculada. Os fondos repártense en función das solicitudes presentadas pola administración local, e son achegados polo Ministerio de Fomento e polo IGVS.

O Concello de Ourense será o encargado de regular os prazos para a presentación de solicitudes por parte dos propietarios de vivendas interesados na súa rehabilitación, que serán os beneficiarios finais dos fondos repartidos que recibirán a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI. A Xunta financia as oficinas de rehabilitación municipais.

Artigos relacionados

Back to top button