PolíticaÚltima hora

1.500 persoas apoian a Nós-Candidatura Galega en Santiago

Entre as intervencións estivo a da candidata ao Congreso por Ourense, Noa Presas
Un dos momentos do acto.
Un dos momentos do acto.

Nun concurrido acto celebrado o 22 de novembro en Santiago de Compostela, ante unhas 1.500 persoas, Nós-Candiatura Galega presentábase como a “única opción política 100% galega, libre de supeditacións a forzas estatais, que non se pon límites na defensa de Galiza en Madrid a partir do 20 de decembro”.

Neste acto, con ducias de intervencións, tomaban tamén parte os candidatos/as cos que NÓS-Candidatura Galega concurrirá ás vindeiras eleccións xerais. Entre eles estaba Noa Presas, que lidera Nós-Candidatura Galega por Ourense, quen se refería á realidade da mocidade galega, “na que un traballo co que poder vivir aquí é unha excepción e a normalidade é a emigración”. Pero aseguraba que hai solucións: “fortalecer o espazo político do nacionalismo e da esquerda, o único que responde con dignidade contra o as políticas do PP”, alegou, tras rexeitar “a imaxe interesada dunha mocidade apática e sen iniciativa”.

Cabezas de lista polas catro provincias galegas de Nós-Candidatura Galega ao Congreso.
Cabezas de lista polas catro provincias galegas de Nós-Candidatura Galega ao Congreso.

A lista ourensá ao Congreso complétana Xesús Manuel Suárez, Perfecta Losada e Fernando Alonso; mentres que a do Senado está formada por Francisco Xabier González, Carmen Bolaño e Diego Lourenzo.

Neste acto en Santiato tamén interviron, ademais dos cabezas de lista ao Congreso e ao Senado, representantes de colectivos sociais que integran a candidatura, representantes da coordinadora da Plataforma Iniciativa pola Unión, e representantes das forzas políticas integradas na candidatura. Foi conducido pola actriz e número dous pola Coruña, Isabel Risco, e polo ourensán Xosé Lois Pérez, O Carrabouxo, e contou con diversas actuacións musicais e audiovisuais.

Artigos relacionados

Back to top button