CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

10 horas nun fulión

Ao estilo dos programas de Samanta Villar, este pasado venres pasei 10 horas no interior dun Fulión para ver como se vive o Entroido dende dentro

Nesta época na que o Entroido estase convertindo nun macrobotellón de xente con disfraces comprados nos chinos, existe sempre xente que desfruta dun Entroido popular a antiga, esta xente é o Fulión. Antes de nada, para a xente que non o sepa hai que saber distinguir os seguintes termos: Fulión e Fuliada. Fulión é o grupo de xente que con bombos, aixadas, sachos, cornas, etc, animan cada aldea durante este tempo. E por Fuliada enténdese a festa que montan.

Fun invitado polo “Fulión da Caniceira” de Trives para ir a “Fuliada de Chaguazoso” en Vilariño de Conso. Aceptei a invitación, xa que nunca fora nun Fulión e tiña curiosidade por descubrilo. Así que preparei un disfraz, unha cámara de fotos e preguntas, moitas preguntas sobre o Fulión que irei comentando nas seguintes liñas.

A quedada era nun bar de Trives o venres as 18:00. O bus sairía hora e media despois pero había que quentar e coller forzas antes. Puntual cheguei a cita onde a xente preparaba os seus disfraces (pelucas, roupa vella, medias, etc), disfraces a antiga. Ademais de coller todo o material necesario para a fuliada. As 19:30 arrincaba un bus dende Trives cargado de sachos e bombos dirección ao pobo mais alto galego, Chaguazoso. Un tortuoso camiño para chegar aos 1300 metros de altura desta aldea de Vilariño de Conso. Parada técnica no camiño nun bar de Raigada (Manzaneda), para facer tempo esperando a outro dos Fulións que dende Trives desplazabase cara a Fuliada.

Chegada a Chaguazoso e xuntámonos no centro do pobo co resto de Fulións para dar comezo a “Fuliada Chaguazoso 2016”. Bombos, cornas, sachos, gadañas, aixadas e outras ferramentas metálicas do agro comezaron a retumbar e resoar incesantemente a un ritmo frenético durante varias horas.

Simplemente decirlle a todo o mundo que experimente polo menos un día de Fuliada indo cun Fulión e a xente do Fulión darlle as grazas polo trato recibido.

Texto e fotos: Xosé Manuel Pérez Blecua

 As únicas veces que non sonaba a Fuliada eran nas paradas técnicas nas adegas da xente de Chaguazoso para recuperar forzas, tomar viño e algo para xantar e poder seguir o ritmo.

Nestas paradas a xente aproveitaba para saudar ao resto da xente coa que ano tras ano van collendo amizade e confianza como podemos ver na seguinte imaxe.

A Fuliada é algo que provoca unha transformación en todo o seu arredor, algo máxico e sobrenatural, incluso os cans que normalmente ladrarían a algo deste xeito, ficaban petrificados como se da Santa Compaña se tratase ao seu paso.

A xente de mais idade que xa non está fisicamente en condicións de acudiar a Fuliada saía as ventás das casas para aplaudir e quedarse abraido ao paso da Fuliada. Esta xente volta a sentir a felicidade de cando eran novos e corrían polas rúas de Chaguazoso nestes días de Entroido. Pero Chaguazoso non é so pasado e unha ducia de nenos de arredor dos 10 anos corrían polas rúas cargados de fariña intentando darlle aos outros sen ser alcanzados eles. Tras percorrer todo o pobo fíxose unha parada bastante grande para cear chourizos a parrilla, empanada, queixo e demais alimentos que os veciños prepararon para recibir aos fulións.

Trala cea, sacouse o carro dos bois, para dar unha segunda volta ao concello. Atado ao gancho do remolque dun Patrol arrancou o carro chirriando as súas rodas e comandando a segunda volta da Fuliada.

 Nesta segunda volta so os mais fortes resisten tocando ata o final, e varios dos bombos foron caíndo en combate ante a desesperación dos seus donos que tentaban seguir tocando a pesar de quedar o bombo nas seguintes condicións.

Tralo carro a Foliada continuaba no seu máximo explendor.

Coa cara e a roupa chea de fariña continuaba a xente tocando sen parar a pesar do cansancio.

Pasaban as horas e o venres daba paso ao sábado pero a Fuliada parecía non ter fin e seguíamos percorrendo Chaguazoso baixo un ruido ensordecedor.

 Pasaban as 2 da mañán e a parecía que a Fuliada chegaba ao seu fin, pero non, a xente mais forte, transformandose de persoas a bestas continuaban tocando nun esforzo sobrehumano e dificilmente entendible para a xente que non entende estas cousas. Os bombos comezaban a quedar manchados de sangue, esa sangue coa que a persoa entrega o seu físico polo Entroido.

Cerca das 3 da mañán xa eran poucos os que resistíanse a deixar de tocar e as súas mans daban conta de elo.

As 3 e algo demos por rematado a Fuliada e o bus do Fuilón comezou o seu regreso ata Trives coa maioría de xente durmindo que o día seguinte as 10 da mañán era a quedada para s seguinte Fuliada. Sábado Chandrexa de Queixa e San Xoán de Río, domingo Vilariño de Conso e Sarreaus, luns Ourense, martes Manzaneda e Trives para rematar o mércores co enterro da sardiña en Trives.

Artigos relacionados

Back to top button