CulturaCulturaÚltima hora

15 filmes, na 24ª Semana de Cine do Barco

Nesta edición este ciclo de cine terá de novo un carácter solidario
Público na taquilla da pasada edición da Semana de Cine do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Público na taquilla da pasada edición da Semana de Cine do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na súa 24ª edición, prevista do 22 de agosto ao 1 de setembro, a Semana do Cine do Barco manterá o carácter solidario do pasado ano, de forma que ao mercar a entrada parte do seu prezo poderá aboarse con alimentos. “O Cine Club Groucho Marx destinará a metade da recaudación da Semana de Cine ao banco de alimentos de Cáritas no Barco”, sinala o seu presidente, José María Rodríguez.

Ademais no seu cartaz réndese unha homenaxe especial a dúas persoas vencelladas co cine na vila como son José Rodríguez Ramos “Pepe Galvanas” e a súa dona, Tere, “os recentemente falecidos traballadores do Cine Colón, que adicaron a súa vida á actividade cinematográfica”, destaca o presidente do cine club. As súas imaxes aparecen nun “Salón da Fama” do Groucho Marx.

A 24ª Semana de Cine manterá a súa estrutura habitual. No Teatro Lauro Olmo proxectaranse 15 filmes, 5 por cada un dos tres ciclos que integran o certame: infantil, español e de actualidade. A sesión inaugural terá lugar o venres 22 de agosto ás 20h.

Texto e foto: Ángeles Rodríguez

(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button