ConcellosÚltima hora

164.000 euros á humanización da praza do campo da feira de Cortegada

A Xunta aportará a financiación a través da consellería de Medio Ambiente
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Cortegada, Avelino Luís de Francisco Martínez, na firma do convenio.
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Cortegada, Avelino Luís de Francisco Martínez, na firma do convenio.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá máis de 164.000 euros na humanización e acondicionamento da praza do Campo da Feira do Concello de Cortegada. Así se recolle no convenio que asinaron hoxe, 3 de maio, a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Avelino Luis de Francisco. Esta actuación inscríbese no Plan Hurbe.

A remodelación suporá a supresión da cota da praza, actualmente a dúas alturas, e a creación dun novo emprazamento que poderá albergar distintas feiras e exposicións ou espectáculos públicos. Tamén se plantexa que a súa nova configuración serviría como infraestrturua para acceso de urxencias sanitarias, dada a proximidade do entorno co centro de saúde.

Artigos relacionados

Back to top button