ConcellosÚltima hora

214.000 euros para mellorar a captación de augas de Vilamartín

A duración destas obras neste concello valdeorrés será de catro meses
Vista da vila de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Vista da vila de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

Vilamartín de Valdeorras verá pronto renovado o seu servizo de abastecemento de augas. O Consello da Xunta aprobaba na súa reunión do 20 de novembro aprobaba a colaboración técnico-financeira do Goberno galego con este concello valdeorrés para a
execución da obra de mellora da captación de auga desta vila ourensá. Para levala a cabo destinarase un investimento dalgo máis de 214.000 de euros. O prazo de execución das obras será de catro meses.

O núcleo de Vilamartín abastécese “dunha captación formada por un azude existente nun afluente do río Leira, que se atopa nun deficiente estado de conservación e é practicamente inaccesible, o que complica o seu mantemento. Por outra banda, unha parte da traída é de fibrocemento de 200 milímetros, moi antiga e presenta continuas roturas”, segundo a información da Xunta.

Co fin de mellorar isto, as obras previstas comezarán pola limpeza da zona do azude, “a substitución do cestón de grosos por unhas reixas de desbaste finas e unha malla, e dende este punto instalarase un pequeno tramo de condución. Así mesmo, executarase unha condución de PVC cunha lonxitude total de 1859 metros, coa valvulería necesaria”, segundo se adianta dende a Xunta de Galicia.

Así, unha vez estudada a petición do concello de Vilamartín de Valdeorras e examinada a súa situación económico-financeira, a a Adminsitración autonómica acordaba aprobar a colaboración técnico-financeira das obras e sufragar o 100 destas con cargo aos orzamentos de Augas de Galicia.

Pola súa banda, o Concello de Vilamartín de Valdeorras asume, a través do acordo, o compromiso de facerse cargo da explotación e mantemento das instalacións unha vez executadas e recibidas as obras.

Artigos relacionados

Back to top button