ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

23ª Edición da Feira Franca da Moimenta (Vinhais)

Nesta edición tampouco faltaba a tradicional chega de bois

Durante os días 25 e 26 de abril celebrouse a 23ª edición da Feira Franca na localidade raiana da Moimenta (Vinhais), un evento ao que adoita concorrer moita xente de ambos lados da fronteira, da zona de Sanabria, das Frieiras e, por suposto, de diversas poboacións transmontanas.

Como de costume, na estrada de acceso á poboación colocáronse moitos postos de venda de produtos da terra, de roupa, de calzado, de bisutería, etc. No interior dunha carpa, tamén tiveron cabida os habituais postos de artesanía, cerámica, bordados, coitelería e facas, máscaras de entroido, fumeiro, turismo, ou gastronómicos.
Nun recinto anexo, celebráronse varios concursos: o Concurso de Cães de Raça Podengo, o Concurso de Cão de Gado Transmontano, e o VI Voncurso de Ovinos, de Raça Churra Galega Bragançana, e a acostumada exposición de maquinaria agrícola.

Nesta edición tampouco faltou a xa tradicional chega de touros de raza Mirandesa na que loitraron varias perellas de bóvidos, e que foi seguida por numeroso público que ateigaba o recinto destinado á chega.
As animacións musicais do programa deste ano 2015 estiveron a cargo de Expressão Latina no sábado, e da Charanga Támega no domingo.

Texto e fotos: José Rodríguez Cruz
Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button