Galerías de fotosÚltima hora

25 aniversario da Convención dos Dereitos dos Nenos

No Ceip Saco e Arce de Toén celebraron a data con atividades para tódolos nenos

O 20 de novembro foi un día de celebracións no Ceip Saco e Arce de Toén onde ao longo de toda a xornada traballaron os dereitos dos nenos sumándose á iniciativa “Un día sen deberes”.

Tal como explican dende o centro de ensino “pola mañá, en cada aula realizamos exposicións sobre os Dereitos dos Nenos, vimos videos relativos ao tema e organizamos debates. Despois xuntamos todos os traballos realizados e compuxemos de forma colaborativa o Monicreque dos Dereitos dos nenos”.

Deste xeito o centro celebraba o 25 aniversario da “Convención Dereitos dos Nenos” dun xeito transversal a tódalas áreas, integrando a tódolos alumnos, dende os máis pequenos de 3 anos ata os maiores de 12 anos.

Artigos relacionados

Back to top button