OurenseÚltima hora

Expourense acolle a 17 edición de Xantar

Conferencias, degustacións, demostracións e menús variados, dende o 3 ata o 7 de febreiro en Ourense
O Concello da Veiga promociona o seu "Destino Starlight Trevinca" en Xantar.
O Concello da Veiga promociona o seu “Destino Starlight Trevinca” en Xantar.

Posicionado como o “mellor escaparate para reflectir o bo momento que vive o sector do turismo, a hostalería e a gastronomía en Galicia”, o 17º Xantar abría as portas na mañá do 3 de febreiro.

Na xornada inaugural, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo fixo un repaso polos bos datos que rexistra o sector da enogastronomía en Galicia xa que “así o testemuñan as trece estrelas Michelin que distinguen trece establecementos da nosa Comunidade ou os 37 Soles Repsol que acumulan 25 restaurantes galegos”.

O Estado de Morelos, que representa a México como país convidado, foi tamén o protagonista desta primeira xornada de Xantar participando en varias actividades como a mesa redonda sobre enogastronomía e o acto oficial de inauguración e a través do showcooking de cociña en directo e do menú ofrecido no seu restaurante e elaborado polos oito mellores chefs do Estado.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez, na inauguración da 17ª edición de Xantar.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez, na inauguración da 17ª edición de Xantar.

Dende onte e a ata o domingo 7 de febreiro, o salón internacional de gastronomía e turismo ofrecerá o mellor da hostalaría de España, México e Portugal a través dunha vintena de menús entre os 12 e os 30 euros e durante os que os 170 expositores presentarán os seus productos e servizos vencellados coa gastronomía, o viño e a hostalería. Xantar reforza nesta edición a súa compoñente profesional ofrecendo 115 actividades que contan coa participación de prestixiosos cociñeiros que presentarán tanto pratos tradicionais como innovadores.

Artigos relacionados

Back to top button