ConcellosSen categorizar

350.000 euros na mellora do abastecemento do Concello de Lobios

As actuacións consistirán en corrixir a captación en manancial e executar unha nova rede de abastecemento en catro núcleos rurais
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, na firma do convenio coa alcaldesa de Lobios, Mª del Carmen Yáñez.
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, na firma do convenio coa alcaldesa de Lobios, Mª del Carmen Yáñez.

A alcaldesa do Concello de Lobios, María del Carmen Yáñez, asinou hoxe un convenio coa titular da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, un convenio de colaboración para acometer melloras na rede de abastecemento da vila. Tal documento fixa o desvío duns 350.000 euros procedentes de fondos europeos para este fin.

As actuacións consistirán na mellora da captación en manancial e execución dunha nova rede de abastecemento nos núcleos de Vilameá e Devesa e nos núcleos de San Paio e Esperanzo. Tamén se corrixirán as redes de distribución de abastecemento e levarase a cabo unha mellora da captación de auga no núcleo de Torneiros.

Artigos relacionados

Back to top button