OurenseÚltima hora

4.000 persoas participan na primeira edición do Car Outlet Ourense

A exposición de coches pechou as súas portas o día 22.
A exposición de coches en Expourense pechou as súas portas o día 22.

Expourense acolleu do 20 ao 22 de maio a primeira edición do Car Outlet Ourense, unha exposición de vehículos de ocasión que pretendía expor os productos acompañados de grandes descontos nos prezos. Organizado pola propia feira de mostras e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles da provincia (Acauto), o evento tivo un rotundo éxito de participación, tras rexistrar a visita dunhas 4.000 persoas.

A xornada dominical foi a que máis afluencia rexistrou. Os perfís variaron entre familias e parellas cun mesmo mínimo común denominador: atopar o vehículo perfecto adaptado aos seus petos. 24 marcas tiveron representación nesta feira, que xa conta os días para volver abrir con novos productos.

Artigos relacionados

Back to top button