DeportesÚltima hora

4ª proba da Copa Deputación de orientación, o 17 de setembro no Barco

A cita será a partites das 11h. na zona do Malecón conxuntamente coa liga valdeorresa

O vindeiro domingo 17 de setembro, en plenas Festas do Cristo, celebrarase no Barco de Valdeorras a cuarta proba da II Copa Deputación de Ourense de orientación.

Organizada polo Club Peña Trevinca Barco xunto coa A.D. Limiactiva, en colaboración co Concello e coa Deputación, a proba celebrarase conxuntamente coa liga valdeorresa de orientación. A cita será a partires das 11 horas na zona do Malecón con probas de orientación para todas as categorías. Os percorridos poderán ser liñais ou score.

Tal como informan dende a organización, a Copa Deputación de Orientación consta de cinco probas, e na clasificación final puntúan as tres mellores participacións.

O prazao de inscrición remata o venres 15 de setembro ás 12 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button