EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

51 viños da D.O. Monterrei, con máis de 85 puntos na Guía Peñín

Estes resultados amosan “o bo facer dos viticultores e adegueiros desta denominación”, segundo a presidenta do consello regulador
O responsable editorial da  "Guía Peñín", Javier Luengo, na cata evaluadora en Monterrei o pasado mes de xuño./ Foto: CRDO Monterrei.
O responsable editorial da “Guía Peñín”, Javier Luengo, na cata evaluadora en Monterrei o pasado mes de xuño./ Foto: CRDO Monterrei.

Altas puntuacións para os viños de Monterrei na “Guía Peñín 2016”, unha publicación de referencia no sector do viño a nivel nacional e internacional, que vén de saír á rúa. Un total de 51 viños de 19 adegas desta denominación de orixe ourensá, que foron catados polo equipo desta guía en xuño, logran puntuacións superiores a 85 puntos.

Dende o Consello Regulador da D.O. Monterrei, a súa presidenta, Asunción Rodríguez Zarraquiños, destaca que estes resultados amosan “o bo facer dos viticultores e adegueiros desta denominación, que cada ano producen mellores viños de calidade”. Asemade, deste xeito, Monterrei “cumpre as súas expectativas” xa que estas puntacións melloran as acadadas no pasado ano.

Os viños de Monterrei mellor valorados son os brancos Terra do Gargalo sobre lías 2012 e Viña Verino 2012 (ambos de Bodegas Gargalo) con 92 puntos cada un deles. A continuación están dous viños de Castro de Lobarzán, con 91 puntos cada un: Lobarzán IS 2013 branco e Lobarzán IS 2013 tinto.

Artigos relacionados

Back to top button