ConcellosÚltima hora

7 filmes no ciclo “Noites de cine no verán”, no Barco

Proxectaranse os mércores de xullo e agosto na praza Maior a partires das 22:45h.
A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta e o responsable do Cine Club Groucho Marx, José María Rodríguez, na presentación do ciclo de cine. /Foto: Mónica G. Bellver.
A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta e o responsable do Cine Club Groucho Marx, José María Rodríguez, na presentación do ciclo de cine. /Foto: Mónica G. Bellver.

Un ano máis, os barquenses terán a oportunidade de asistir ao ciclo de cine ao aire libre programado polo Cine Club Groucho Marx en colaboración coa concellería de Cutura do Barco de Valdeorras. En total serán sete os filmes que se proxectarán os mércores de xullo e agosto na praza Maior do Barco a partires as 22:45 horas (en caso de chuvia as sesións serán no Teatro Lauro Olmo).

A presentación do evento tiña lugar na mañá do 29 de xuño por parte do presidente do Cine Club, José María Rodríguez e a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta quen asegurou que hai películas “para todos os públicos e idades”, ao que José María engadiu que todas poden ser consideradas xuvenís (tamén hai dúas infantís) salvo “El Desconocido” que é exclusivamente para o público adulto. “Queriamos proxectala na programación do Día das Letras Galegas por ser dos pocos filmes traducidos ao galego pero non nola pasaron así que farémolo neste ciclo”, dixo José María engadindo que o director da longametraxe (protagonista indiscutible nos Premios Mestre Mateo) é de Monforte.

O ciclo arrancará o día 6 de xullo con “Point Break (Sin Límites)”; o día 13 proxectarase “Kungfu Panda 3”; o día 20 “El Desconocido” de Dani de la Torre; e o día 27 “Zootrópolis”. E xa en agosto, o día 3 tocaralle o turno a “Star Wars. El despertar de la fuerza”; o día 10 a “En el corazón del mar”; e o día 19 a “Begin Again”. Esta última estará incluída na II edición do SilFest e marcará tamén o inicio dunha nova edición da Semana do Cine do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button