EconomíaEconomíaÚltima hora

A austeridade e a crise, analizadas por Andreu Missé no Barco

Este xornalista e economista impartía unha conferencia no Barco na tarde do 18 de abril
Andreu Missé (no centro), na conferencia impartida no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Andreu Missé (no centro), na conferencia impartida no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

“A crise actual ten moitas caras” aseguraba no Barco Andreu Missé. Este xornalista, director da revista “Alternativas Económicas”, impartía na tarde do 18 de abril unha conferencia titulada “Austeridade e crise social” na que facía unha análise sobre a crise internacional que tiña a súa xénese no 2007 nos Estados Unidos.

Tras facer unha introdución, Missé afondaba nas causas da crise, na súa complexidade, no recurso da austeridade como “medicina equivocada”, así como nas consecuencias económicas e sociais. E, finalmente, mencionaba as alternativas.

Esta conferencia foi promovida dende o Ateneo Republicano de Valdeorras.

O acto tiña lugar no salón multiusos do Concello do Barco e foi organizado polo Ateneo Republicano de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
O acto tiña lugar no salón multiusos do Concello do Barco e foi organizado polo Ateneo Republicano de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button