En portadaGalerías de fotos

De procesións pola Semana Santa ourensá

Coa bendición de ramos e a posterior procesión abríase o domingo 13 de abril o programa da Semana Santa na provincia de Ourense que incluirá multitude cultos, entre eles numerosas procesións, que concluirán o vindeiro Domingo de Pascua. Aquí poden verse algunhas das imaxes do Domingo de Ramos no Barco e en Petín.

Entre eses actos relixiosos figura asemade o Via Crucis da Serra, que na tarde do Mércores Santo percorría o Alto da Portela ata Lamalonga (A Veiga). Trátase do máis alto de Galicia. Esa mesmo día, pero ao anoitecer saía a procesión Via Crucis co Cristo dos Ferroviarios, no Barco.

A partires do Xoves Santo intensifícanse os cultos. Así ten lugar a tradicional “In Cena Domini” co lavatorio de pés, coa referencia da celebrada na Catedral de Ourense. Xa pola noite en diversos lugares da provincia desenvólvense procesión, como a do Silencio no Barco, cuxo percorrido só interrumpiu ante os cantos que lle adicaron un grupo de mulleres dende un dos balcóns do casco antigo da vila. En Ribadavia partía dende a igrexa de Santiago a “Procesión dos Caladiños” para percorrer boa parte da vila, mentres que en Ribadavia pe, mentres que en Viana do Bolo tiña lugar a procesión do Prendemento.

Xa o Venres Santo un dos referentes galegos era o Via Crucis das Ermitas (O Bolo), que congregaba a multitude de devotos, que cunhas temperaturas que rondaban os 30 graos, completaron o traxecto polo denominado “Camiño do Deserto” ata a estación da Resurrección. Xa ás catro da tarde tiña lugar no adro do santuario o desencravo.

Ademais nesa mesma tarde, entre outros actos, en Veigamuíños (O Barco) celebrábase a Paixón e, de seguido, saía a procesión do Via Crucis, na que se portan dende a igrexa parroquial ata a Igrexa de San Miguel de Xagoaza as imaxes do Santo Enterro e da Virxe Dolorosa. E en Ourense comezaba ás nove da noite a procesión do Santo Enterro, un dos referentes da Semana Santa na cidade das Burgas. Nela saían ata nove pasos.

Máis información no Especial Semana Santa do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button