Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

A cea benéfica da AECC de Valdeorras reúne a 133 persoas

Celebrábase na noite do 19 de abril no Casino do Barco e contaba con actuacións musicais

Con máis participación que na pasada edcición, o Casino do Barco acollía por vez primeira a celebración da cea-baile que organiza cada ano a Asociación Española Contra o Cancro en Valdeorras (AECC) co fin de recaudar fondos que lle permitan desenvolver as súas actividades.

Nesta ocasión a cita, que comezaba ás 22h, contaba coa presenza de 133 persoas, que desfrutaban dunha cea que estivo amenizada pola actuación dun solista, antigo compoñente do grupo Amizade.

Xa na sobremesa tiña lugar o sorteo duns 60 regalos doados por particulares e por diferentes establecementos do Barco e da Rúa. Ademais como novidade nesta edición o viño, a auga, o pan e o postre que se serviron foron tamén doados, unha colaboración que agradecía a presidenta da AECC do Barco, Gloria Pérez. Ademais expresaba o seu agradecemento a Pelo Pico Planta que aportou os caraveis cos que se agasallaba ao comezo da cea a cada un dos participantes.

Como broche tiña lugar un baile, que se prolongaba ata a madrugada, ao ritmo do grupo valdeorrés Os Broders.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button