En portada

A Deputación entra no accionariado da Estación de Manzaneda

Meisa incorpora deste xeito un novo socio institucional cunha participación do 28% na sociedade
Un dos momentos da sinatura da transmisión das accións.
Un dos momentos da sinatura da transmisión das accións.

A Deputación de Ourense volve a entrar no accionariado da Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda. Turismo de Galicia a Deputación de Ourense asinaban o 27 de abril nas instalacións deste complexo de montaña a transmisión de 336 accións da sociedade Estación de Inverno Manzaneda S.A. (MEISA) á entidade provincial.

Turismo de Galicia allea ao organismo provincial 336 accións de MEISA, unha participación que representa o 14% do capital social. Así, “MEISA diversifica a súa composición accionarial, ao tempo que a Administración galega mantén unha participación do 34% na mesma”, segundo se informa dende a Xunta.

A sociedade MEISA, titular da estación de inverno de Manzaneda, pasa a contar cun novo socio. Deste xeito, o accionariado da entidade queda constituído por Turismo de Galicia (cunha participación do 34%), a Deputación de Ourense (cun 28%), Central Hotelera Hotelalia (co 23,58%), e os concellos de Trives e Manzaneda, co 7,21% cada un deles.

A rúbrica tiña lugar nas instalacións da Estación de Montaña de Manzaneda.
A rúbrica tiña lugar nas instalacións da Estación de Montaña de Manzaneda.

A operación de alleamento, que responde a unha petición da Deputación de Ourense, foi autorizada previamente pola Xunta Xeral de Accionistas e o Consello de Administración de MEISA e polo Consello da Xunta de Galicia, que o aprobaba na súa última reunión.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button