ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A edición máis numerosa da Convivencia nas adegas de Oval

Unhas 1.500 persoas déronse cita na localidade valdeorresa na tarde-noite do 22 de agosto

En torno ás oito da tarde do 22 de agosto, a chuvia facía presaxiar unha VII Convivencia nas adegas de Oval (Rubiá) frouxa. “En canto abrimos as entradas empezou a chover e pensamos que se ía estragar todo” din dende a organización, pero equivocábanse. A partires das nove da noite, comezou a chegar a xente de forma masiva e ao final case quedan sen existencias.

Tiñan preparadas mil tazas e finalmente foron unhas 1.500 as persoas que se xuntaban nas adegas da localidade valdeorresa. “Tivemos que botar man de tazas que nos sobraran doutras edicións e en torno ás dez aínda estaba chegando xente” di Sergio, membro da Asociación de Veciños de Oval.

Con estas cifras, esta foi a edición máis numerosa da cita gastronómica na que participaron 13 adegas (unha menos que o ano pasado), contando coa animación musical da charanga Os Bercianos e da discomovida Boa Festa, en marcha ata as cinco da mañá.

Con todo, a gran protagonista da festa foi a cepa da Adega do Laureano que tiña unha acio de uvas brancas polo que saía viño branco e outro de uvas tintas polo que saía viño tinto.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button