CulturaCulturaÚltima hora

A exposición sobre Xosé María Díaz Castro chega á Rúa

A Casa da Cultura acolle ata o 3 de novembro a mostra “Nimbos de Luz”
Paneis expositivos na Casa da Cultura da Rúa.
Paneis expositivos na Casa da Cultura da Rúa.

DSC_5574

Tralo seu paso pola Casa da Xuventude de Ourense a exposición “Nimbos de luz. Xosé María Díaz Castro” chegaba á Casa da Cutura da Rúa, onde permaneceá aberta ao público ata o vindeiro 3 de novembro.

Promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Editorial Galaxia co gallo das Letras Galegas 2014, adicadas a Xosé María Díaz Castro, a mostra é un tributo ao autor guitiricense ao que a Real Academia Galega lle adicou as Letras Galegas este ano. Comisariada por Alfonso Blanco Torrado, por Luís González Tosar e por Armando Requeixo permite unha importante aproximación á obra do poeta, tradutor e intelectual Díaz Castro, por medio de 14 paneis temáticos, diversos materiais multimedia e outros soportes expositivos. Como complemento ofrece, de xeito gratuíto, folletos ilustrativos dos paneis e a proxección do documental “O instante eterno”, de Xosé Antón Cascudo.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button