Galerías de fotosÚltima hora

A Festa da Carne de Montederramo reúne a máis de mil persoas

A tenreira centra o menú desta cita gastrónomica que vai pola XXI edición

Máis de mil persoas se daban cita na carpa oficial da Festa da Carne de Montederramo que no mediodía do domingo 12 de outubro celebraba a XXI edición, “ademais houbo xente nos restaurantes do pobo e pola zona” engade o alcalde Antonio Rodríguez. El mesmo indica que se degustaron uns 800 kg. de carne de tenreira “en empanada, ao caldeiro e richada” puntualiza, como base do menú que tamén incluíu viño da D.O. Ribeira Sacra, bica da zona e licor de café. Todo por 15 euros que custaba a entrada.

O xantar, en pleno día da Hispanidade e da Virxe do Pilar, estivo amenizado musicalmente por un par de charangas e un grupo de gaitas. “O día tamén axudou, porque aínda que parecía que quería chover ao final o tempo acompañou” conclúe o rexidor.

Con este evento, Montederramo trata de exaltar a carne que se produce na zona, especialmente a Tenreira Galega, onde hai explotacións con máis de 500 cabezas de gando.

O día da festa, tamén se celebraba a feira do mes na localidade ourensá, non numerosos postos de artesanía, gastronomía, etnografía e produtos textis.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button