CulturaCulturaÚltima hora

A festa da Banda Deseñada en Ourense

A XXVI edición das xornadas arrancan o sábado 27 de setembro na Librería Sindicato del Cómic

Aniversario Sindicato del comic

As actividade das XXVI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, arrancarán este sábado 27 de setembro cunha festa na Libreria Sindicato del Cómic que celebra o seu terceiro aniversario.

A festa comenzará co concerto do grupo Avecrem e continuará coa
presentación do libro “Hematocrítico del Arte 2” no que o seu autor, recopila as mellores obras aparecidas no seu blog http://hematocritico.tumblr.com/.

Para finalizar, celebrarase o “Combate de debuxantes”, no que os participantes enfrontarase por parellas durante tres minutos para ilustrar unha palabra escollida polo público. Este mesmo decidirá quen é o gañador.

As actividades, continuarán ao longo do mes de outubro, incluíndo a entrega do Premio Ourense de banda deseñada á mellor iniciativa, orientado a distinguir iniciativas e traxectorias destacadas no panorama da BD galega, que este ano recaiu en Henrique Torreiro pola súa adicación á BD.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button