ConcellosSen categorizarÚltima hora

A Festa do Botelo, de interese turístico galego

Esta é a primeira celebración valdeorresa que logra esta distinción

Boptelo1

Xantarbotelo

A Comisión Festas de Interese Turístico decidía, na súa reunión do 8 de abril, aceptar a petición do Concello do Barco de declarar de interese turístico a Festa do Botelo deste municipio valdeorrés. A nova facíaa pública o Concello barquense na tarde do 14 de abril, sinalando que nesa decisión tivéronse en conta aspectos como que se celebra de forma ininterrumpida dende 2001 para a exaltación do que é “o embutido máis singular de derivados da matanza do porco” e que é unha das poucas que se celebran en Galicia.
Asemade destacouse o seu carácter popular e participativo, así como que conta cunha infraestrutura suficiente para a súa celebración.

De cara a lograr este recoñecemento galego, o Concello do Barco remitíu o ano pasado unha solicitude formal, acompañada dun expediente completo a esta comisión, que requeríu unhas semanas despois unha ampliación de documentación, para finalmente estudar a petición na reunión da comisión antes indicada.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button