Chaves celebraba na cuarta fin de semana de agosto a súa “II Festa dos Povos-Mercado Romano”
Do 22 ao 24 de agosto Chaves convidaba a viaxar no tempo e regresar á época romana na que a cidade se chamaba “Aquae Flaviae” a través de multitude de propostas e actividades.
Esta celebración romana lograba atraer a esta cidade do norte de Portugal a longo destes tres días a unhas 65.000, segundo se destacaba dende a organización. “O evento superou todas as expectativas da organización, non só polo número de visitantes que se achegaron, senón tamén polo volume de negocio xerado polos 86 expositores, e polas manifestacións de agrado de quen visitou a festa”, sinalan dende o Concello de Chaves.
Fotos: Municipio de Chaves