ConcellosÚltima hora

A fiestra de Trives aberta ao mundo

O Concello da Pobra de Trives pon en marcha a súa nova páxina web
Páxina de inicio da web www.apobradetrives.es
Páxina de inicio da web www.apobradetrives.es

“Trives faise para todos e contando con todos” di o alcalde do concello Francisco José Fernández. Por iso, levaba tempo traballando na posta en marcha da nova páxina web, unha vella aspiración que “multiplica as posibilidades da vila ao permitir a milleiros de visitantes coñecer un dos enclaves referentes do turismo interior de Galicia” e que xa é unha realidade.

www.apobradetrives.es é o novo portal institucional do Concello da Pobra de Trives que ten como obxectivo converterse nun servizo público de referencia tanto para os veciños como para os visitantes. Ofrece tódolos servizos necesarios para que o cidadán poida realizar consultas, enviar suxestións e facer trámites en liña. Asemade pon a disposición pública as actas dos plenos, así como documentación sobre o funcionamento da administración.

“A vila constitúe por si mesma un reclamo polas súas condicións naturais, patrimoniais e históricas” din dende o Concello trivés, e a nova web será a plataforma para visibilizar os recursos dos que dispón entre os milleiros de usuarios na rede. Este sitio web “é o contedor desa aspiración real que responde a vontade cidadá de ser un lugar para visitar, vivir e investir. Trives é a mostra de que é posible construir un futuro distinto, un futuro posible”.

Con respecto aos contidos, a web www.apobradetrives.es ten un plantexamento intuitivo e un deseño moi visual. Emprega as cores corporativas da institución municipal e a pesar de ter o carácter de institucional conta con elementos divulgativos e cunha extensa guía de recursos para facilitar o acceso ao tecido asociativo público e privado.

Tamén dispón dun amplo espazo pensado para que os usuarios poidan coñecer os recursos turísticos de Trives e incluso facer un percorrido polos roteiros e polo patrimonio material e inmaterial. Incluíndo a forma de acceso a tódolo recunchos de interese, histórico e patrimonial.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button