ConcellosÚltima hora

A futura Casa do Chocolate de Parada de Sil promociónase en Monforte

Este proxecto museístico estaba presente na “Chocolate Paixón”, que se celebraba na pasada fin de semana
Detalle da exposición coa que Parada de Sil presentaba a Casa do Chocolate en Monforte.
Detalle da exposición coa que Parada de Sil presentaba a Casa do Chocolate en Monforte.
A futura Casa do Chocolate de Parada de Sil tomaba parte na feira “Chocolate Paixón”, que se desenvolvía na fin de semana do 21 e 22 de marzo na Praza de Abastos de Monforte cun gran éxito de público. Esta mostra está especializada neste produto.

O Concello de Parada de Sil acudía para dar a coñecer o que será o primeiro museo do chocolate de Galicia, ubicado no pobo de Teimende na antigua fábrica de “Chocolates Caldelas”. Estas instalacións foron cedidas pola familia Casares, xunto coa maquinaria e demais material que se utilizaba na sua fabricación. A elaboración de chocolate “constituíu un emblema no concello de Parada ao longo de case un século”. As obras de rehabilitación están xa a piques de rematar, polo que o alcalde agarda que esta iniciativa poida escomenzar a funcionar a curto prazo.

Ademais había outro motivo para participar neste certame monfortino. Era precisamente a comarca de Lemos onde os “Chocolates Caldelas” tiñan o mercado máis forte. De feito, entre os visitantes da feira había moitos que aínda lembraban que se consumía nas súas familias e mesmo recoñecían á víuva de Ricardo Casares, o chocolateiro propietario.

O proxecto dábase a coñecer no marco da Feira “Chocolate Paixón”, na Praza de Abastos monfortina.
O proxecto dábase a coñecer no marco da Feira “Chocolate Paixón”, na Praza de Abastos monfortina.

A exposición montada en Monforte incluía unha mostra de todos os produtos que se utilizaban na fabricación do chocolate, a historia da fábrica, ademais dunha escolma de fotografías comparativas da antigua fábrica co inmoble xa practicamente recuperado.

Artigos relacionados

Back to top button