DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A I Carreira de San Bartolo reúne a 135 participantes entre nenos e adultos

O ourensán Saturnino González lograba o mellor resultado na proba de adultos

Dobre cita co atletismo na Pobra de Trives. A xornada do 22 de agosto tiña lugar na vila a I Carreira de San Bartoliño e tamén a primeira edición da de San Bartolo. A primeira delas congregaba a uns 75 cativos no punto de saída, na rúa San Martín. As competicións comezaban as catro da tarde dende a Praza de Abastos. Os participantes corrían diferentes distancias en función da idade, que ía dende os 2 ata os 15 anos. Ao finalizar, todos os pequenos deportistas recibían a súa medalla.

Xa ás sete do serán chegaba o momento da carreira dos maiores de 16 anos, éstes incluidos. Era a quenda da I Carreira San Bartolo e os seus dez quilómetros. Nesta primeira edición estaba anotado un bo número de corredores dispostos a percorrer a distancia establecida. En total na liña de saída había 60 atletas.

Xusto antes do inicio da competición a choiva sumábase tamén á carreira e non quixo abandonar o escenario ata o remate da mesma, pero iso non impedía que os corredores superaran o circuíto ao que se presentaban. O primeiro en cruzar a liña de meta era Saturnino González de Ourense. Houbo entrega de premios aos 1º, 2º e 3º postos masculinos e 1º, 2º e 3º femininos.

Esta primeira edición da carreira, organizada pola Concellería de Deportes de A Pobra de Trives, coincidía coa fin de semana das festas do San Bartolomé na vila.

Artigos relacionados

Back to top button