ConcellosÚltima hora

A Liga Nacional de Billarda chega a Trives

O 8 de agosto desenvolverase unha xornada sobre este xogo popular en Trives coa organización de A Caniceira
Cartaz da xornada adicada á billarda en Trives.
Cartaz da xornada adicada á billarda en Trives.

Ao redor do xogo tradicional da billarda xirarán unha serie de actividades que se desenvolverán en Trives o 8 de agosto. Pola mañá terá lugar unha xornada sobre a billarda, organizada por A Caniceira en colaboración coa “Liga Nacional de Billarda”. Esta é a primeira vez que esta liga nacional chega a Trives.

A xornada consistirá nun obradoiro de billarda que comezará ás once da mañá, no que se explicará en qué consiste este xogo e para coñecer a opinión e forma de xogo da xente maior, “xa que en Ourense están documentadas máis de 50 formas de xogo distintas”, segundo matizan dende a organización. A actividade está dirixida a todo tipo de públicos, “dende rapaces ata xente da terceira idade, xa que é un xogo no que non importa a idade, o xénero ou a capacidade física da persoa”, aseguran os seus promotores.

Despois, ás doce da mañá levarase a cabo un Aberto (campionato) de billarda coas normas da “Liga Nacional de Billarda”. A súa inscrición será gratuita e está aberta a todos aqueles interesados en participar. “Soamente recomendamos que a xente que nunca xogara acuda ás 11 da mañá ao Obradoiro”, indican dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button