ConcellosÚltima hora

A manifestación en favor dos xulgados do Barco terá que esperar

A comisión permanente da Plataforma en defensa do Partido Xudicial de Valdeorras reuníase na tarde do 17 de setembro no Barco
Un dos momento da reunión./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Un dos momento da reunión./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Continuarase coas mobilizacións, pero, polo de agora, non se convocará unha manifestación. Así se decidía na comisión permanente da Plataforma en defensa do Partido Xudicial de O Barco que se reunía na tarde do 17 de setembro no salón de acto do edificio de usos múltiples desta vila.

Ademais os asistentes acordaban crear un grupo de traballo co fin de preparar unha serie de accións para informar á cidadanía da comarca das consecuencias que tería a supresión dos xulgados do Barco. “A idea é traballar para informar á xente e ver como podemos chegar á cidadanía. E, no seu momento, valorarase a posibilidade de convocar unha manifestación”, sinalábase.

No mediodía do 18 de setembro, terá lugar unha nova concentración diante dos xulgados do Barco en contra do anteproxecto de Lei orgánica do Poder Xudicial.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button