En portada

A novela e a longametraxe “A Esmorga” preséntanse en Madrid

O acto terá lugar o día 30 de de abril ás dez da mañá nos cines Renoir Princesa
Unha das esceas da película "A Esmorga", dirixida polo valdeorrés Ignacio Vilar e rodada fundamentalmente na provincia de Ourense./ Foto: http://aesmorgafilme.com.
Unha das esceas da película “A Esmorga”, dirixida polo valdeorrés Ignacio Vilar e rodada fundamentalmente na provincia de Ourense./ Foto: http://aesmorgafilme.com.

Tanto a novela “A Esmorga”, obra do ourensán Eduardo Blanco, como a longametraxe homónima do valdeorrés Ignacio Vilar lánzanse en Madrid. Será nun acto previsto ás dez da mañá nos cines Renoir Princesa da capital española.

Así o novo selo galego Mar Maior, nacido o pasado outono ao abeiro da Editorial Galaxia, presentará a edición restaurada desta novela, unha das obras máis populares e recoñecidas da literatura galega do século XX. O acto contará coa presenza do escritor Manuel Rivas, autor “dun apaixoado epílogo no que mantén unha fonda conversa coa novela e máis co autor, dende o tempo presente”, segundo a editorial. Tamén estará Pilar Sampil, xerente de Mar Maior e o equipo da longametraxe “A Esmorga”, co seu director á cabeza.

Artigos relacionados

Back to top button