CulturaOurense

A ollada do obxectivo

A 31º edición do Outono Fotográfico amosará 126 exposicións en 98 salas

Outono fotográfico presentación

Como o decano da Península Ibérica, se presenta o Outono Fotográfico, o festival galego de fotografía, que en novembro chega á súa 31ª edición, organizadado pola Fundación Benito Losada (na honra ao seu fundador) dende a cidade de Ourense, para o mundo. De feito a ampliación da súa implantación territorial é un dos obxectivos, programándose mostras en toda Galicia, Cataluña, Portugal e Brasil.

O Outono Fotográfico (OF) está formado por tres seccións: a Oficial na que o festival convida a autores profesionais da imaxe con mostras especialmente coidadas das que se encarga persoalmente cada comisario; o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de afeccionados; e Historias da fotografía galega para a recuperación do traballo de fotógrafos de Galicia xa falecidos. Para dalas a coñecer, organízanse exposicións programadas en espazos expositivos como galerías de arte, salas institucionais, centros de ensino, Casas de Concellos, da Xuventude e de Cultura, lugares públicos, cafeterías…

Con respecto a esta edición o Outono Fotográfico ofertará un total de 126 exposicións, 37 delas na Sección Oficial e amosará o traballo de 506 autores.
As mostras estarán presentes por toda Galicia, en catro cidades do norte de Portugal (Avintes, Braga, Melgaço e Monção), en Ponferrada (León) e Barcelona.

Texto: Mónica G. Bellver
(A información íntegra pode lerse na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button