OurenseÚltima hora

A Plataforma en defensa do ensino público rechaza a proba de avaliación de 3º de Primaria

O rexeitamento era feito público nunha rolda de prensa celebrada o 25 de maio en Ourense
Rolda de prensa celebrada en Ourense.
Rolda de prensa celebrada en Ourense.

Na rolda de prensa celebrada na mañá do 25 de maio en Ourense, a Plataforma en defensa do ensino público, manifestaba naa súa “oposición á proba de avaliación de 3º de Primaria que terá lugar os días 27 e 28 na nosa Comunidade”. A este respecto “CCOO Ensino, apoia as medidas de resistencia contra esta proba de avaliación individual a todo o alumnado de terceiro curso de educación primaria, propostas pola CONFAPA” ao tempo que envía unha mensaxe de tranquilidade e normalidade ás familias: “a non realización da proba non terá ningunha repercusión no expediente do alumnado, xa que según manifestou ante a prensa o Director Xeral, figurará como non presentado” aseguran dende Comisións.

A Plataforma en defensa do ensino público de Galicia, está configurada por CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva que representan á comunidade escolar de Galicia, e tal como sinalan no comunicado feito público, “opoñémonos a dita proba porque: pódese ter en conta para a repetición do alumnado; avalía unicamente as competencias de lingua e matemáticas en detrimento das outras materias do currículo; clasifica ao alumnado desde idades temperás, ao reflectirse o seu resultado no expediente;non se adapta ao alumnado con máis dificultades ao propor soamente adaptacións de tempo e técnica;fomenta a competencia entre os centros e a súa estigmatización; non terá en conta as variables contextuais dos centros, ao centrarse nun único aspecto do sistema de aprendizaxe; desconfía da profesionalidade do profesorado sometendo a verificación a valoración da proba externa; desautoriza ao profesorado rompendo a avaliación continua que xa fai do seu alumnado; e incrementa a carga de traballo nos centros no final de curso, polas tarefas propias de execución e valoración desta proba individual.

Por todo isto, a Plataforma “esixe da administración educativa a paralización e a retirada da devandita proba en Galicia”.

Artigos relacionados

Back to top button