A comisión de seguemento desta entidade celebrará unha xuntanza o vindeiro 4 de novembro
A comisión da Plataforma en defensa da A-76 ten previsto reunirse en novembro no Barco. Neste encontro, previsto para a tarde do vindeiro 4 de novembro no Concello barquense, realizarase un balance da evolución do proxecto dende a anterior reunión, celebrada en xuño.
“A convocatoria celébrase en cumprimento do acordo adoptado na reunión, celebrada o día 16 de xuño de 2014 en Monforte, de que a Mesa de Seguemento se reuniría periódicamente para vixiar o cumprimento dos prazos desta infraestrutura”, tal e como se indica dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e dende o Círculo Empresarial Leonés (CEL).