ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Pobra de Trives rende culto á Bica

Máis de trescentas persoas asistiron ao xantar popular celebrado o domingo 2 de agosto

Cunha alta participación se celebraba a XLII Festa da Bica de Trives, un acto con case cincuenta anos de traxectoria, organizado polo Concello de A Pobra de Trives para exaltar o emblema gastronómico da comarca trivesa, o doce manteigado que traspasa fronteiras.

Como vén sucedendo nas últimas edicións, a festa consistíu nun xantar popular na Finca da Barreira, ao que asistiron máis de trescentas persoas de diferentes idades e procedencia, cun menú composto por empanada de carne e tamén de bacallau, tenreira galega con pementos e patacas, bica e licor café.

O apartado musical correu por conta da Charanga Nova Terras de Trives que amenizou o xantar.

Fotos: Carlos G. Hervedlla.

Artigos relacionados

Back to top button