OurenseÚltima hora

A prol da promoción do espírito empresarial

Os xóvenes empresarios ourensáns veñen de asinar un convenio co Colexio Divino Maestro en Ourense
Sinatura do convenio entre AJE Ourense e o colexio Divino Maestro.
Sinatura do convenio entre AJE Ourense e o colexio Divino Maestro.

Co obxectivo de difundir e fomentar o espírito emprendedor entre os máis xóvenes, a Asociación de Xoves Empresarios (AJE) de Ourense asinaba na mañá do 4 de marzo un convenio de colaboración co Colexio Divino Maestro. “Trátase dun novo acordo cun centro docente para levar a práctica empresarial ás aulas da provincia”, indican dende a entidade empresarial.

A través deste acordo, os alumnos do centro poderán realizar visitas a entidades e organizacións estreitamente ligadas ao ámbito empresarial, así como participar nas actividades que esta asociación leva a cabo para fomentar o emprendemento. Lois Babarro, presidente de AJE Ourense, aseguraba tamén que se persegue “poñer en valor a figura do empresario, auténtico xerme da creación de riqueza e emprego nunha sociedade”.

Asemade esta asociación de xoves empresarios valora asinar outros convenios deste tipo con máis centros docentes da cidade de Ourense. Ademais nos últimos meses xa teñen desenvolvido colaboracións con diversas entidades como Expourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button