En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Rebusca de Outono enche de música Manzaneda

Este festival arrancaba na noite do 20 de novembro e reunirá a vinte grupos nesta localidade de montaña

Ao ritmo folk do grupo ourensán Coanhadeira (entre cuxos músicos estaba o trivés Javier Álvarez ao acordeón) comezaba a soar a música da Rebusca de Outono en Manzaneda. Ao longo de dous dúas, o 20 e o 21 de novembro, este festival, provomido pola Asociación Cultural A Rebusca, traerá ata esta localidade a un total de vinte grupos con estilos moi variados, que proceden de diferentes puntos de Galicia e mesmo de fóra da comunidade.

Tras Coanhadeira, que ademais de quentar o ambiente facía xa bailar aos numerosos asistentes, subíanse ao escenario os integrantes da formación, tamén ourensá, O Sonoro Maxín, coa súa irresistible cumbia reggae, seguidos de Güintervan (Soutomaior), e do rock bravú de Rastreros (Chantada) o broche da noite poñíase co pinchadiscos DjZen.

A programación continuará na noite do 21 de novembro cun alto número de suculentas actuacións, entre as que estará a dos Cuchufellos de Manzaneda: Ce Orquestra Pantasma, Blues do País, Os Tres Trebóns, Dakidarría, Spin te ku e Brigada AM Soundsystem.

Sen dúbida, unha oportunidade para desfrutar da boa música en directo e dun ambiente único en Manzaneda.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button