EconomíaEconomíaÚltima hora

A Ribeira Sacra, na gran pantalla

“¿Cuándo fue la última vez que te contaron un cuento?” proxectábase o 27 de novembro en Monforte
Público asistente á proxección.
Público asistente á proxección.

O público podía desfrutar na tarde-noite do 27 de novembro da proxección do documental “¿Cuándo fue la última vez que te contaron un cuento?”, que se proxectaba nos Multicines Hollywood de Monforte de Lemos. Trátase dun documental turístico de Ribeira Sacra, realizado pola produtora monfortina Némesis Creaciones.

“É un produto audiovisual realizado 100% con profesionais da Ribeira Sacra. O traballo amosa a calidade e posibilidades deste territorio como destino enoturístico e evidencia o talento e creatividade dos profesionais involucrados nas diferentes áreas, produción, guión, música, son, realización e postprodución”, tal e como se destaca dende esta produtora que vén de cumprir dez anos e celebrábao con esta proxección.

Un dos momentos do acto.
Un dos momentos do acto.

A proxección, que se desenvolvía coa colaboración do Cine Clube A Calexa, pretendía agradecer a implicación de todas as persoas e empresas que participaron dalgún xeito neste filme-documental.

Artigos relacionados

Back to top button