ConcellosGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

A Rúa celebra o Entroido no pavillón

Dezasete comparsas participaron no desfile o martes 9 de febreiro

Finalmente a chuvia obrigaba ao Concello da Rúa a trasladar a celebración do Entroido ao pavillón municipal. Alí, na tarde do martes 9 de febreiro tiña lugar o desfile e posterior baile de disfraces a cargo da charanga BB+.

Un total de 17 foron as comparsas que participaron este ano no Entroido da Rúa. A maioría do pobo, dende A Ruada ata o Instituto, pasando por variados e numerosos grupos de amigos, pero tamén doutros lugares como San Clodio e incluso Tomiño (Pontevedra). Todos despregaron as súas coreografías sobre o parquet mentres o público aplaudía dende as bancadas.

Ademais das comparsas, tampouco faltaron á cita o Folíón de Buxán coas súas Máscaras bailarinas e o Folión-Escola de Petín.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button