ConcellosÚltima hora

A Rúa entrega o PXOM á Xunta para a súa aprobación

Agora a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental deste plan

A alcaldesa da Rúa, María González, acompañada polo seu tenente de alcalde, Luis Fernández, levaban á Consellería de Medio Ambiente na mañá do 30 de novembro o do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) deste municipio valdeorreés co fin de proceder á súa aprobación definitiva. Entregábanllo á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, quen lles trasladaba que agora a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do PXOM, composta polo expediente administrativo e o proxecto do documento de planeamento. Unha vez superado este trámite, a Administración autonómica dispón dun prazo total tres meses para analizar o PXOM.

Reunión da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reunirase coa alcaldesa e o tenente de alcalde da Rúa.
Reunión da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reunirase coa alcaldesa e o tenente de alcalde da Rúa.

Aínda así, a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo amosaba a súa intención de poder resolvelo nun prazo máis breve, tendo en conta que se trata dun documento xa analizado previamente polos técnicos autonómicos, que agora deben comprobar as correcións introducidas, segundo se informa dende Medio Ambiente.

O PXOM rues comezaba a redactarse no ano 2004. Tras o informe previo emitido pola consellería, foi aprobado inicialmente polo pleno municipal en novembro de 2008. Posteriormente o Concello da Rúa aprobou provisionalmente o PXOM en xaneiro deste mesmo ano.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas solicitou en maio ao Concello que xustificara unha serie de observacións, así como que subsanara certas deficiencias detectados no mesmo.

Artigos relacionados

Back to top button