A Fundación Deporte galego destina preto de 190.000 euros aos clubs ourensáns. O secretario xeral para o deprte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial, Rogelio Martínez e polo director de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, vén de formalizar un total de sete convenios do Plan Patrocinio dos equipos de alta competición en Galicia para o exercicio 2015 da Fundación, correspondiente aos equipos da provincia de Ourense.
En total, este convenio supón un investimento de 188.194 euros que irán destinados ao Club Ourense Baloncesto (44.444 euros); Club Baloncesto Femenino Ourense (29.562); Unión Deportiva Barbadás de fútbol feminino (17.682); Ourense Club de Fútbol (42.499); Cidade das Burgas Fútbol Sala (31.149); Club Halterofilia Pabellón (4.273); e Club Barrocás (18.586).