Este certame desenvolverase na fin de semana do 11 e 12 de xullo no Barco
Ultímanse os preparativos da XVIII Feira do Viño de Valdeorras. Unha cita que se desenvolverá, por segundo ano consecutivo no Barco, pero cambiando de escenario. Desta volta será na praza de Viloira e terá lugar na fin de semana do 11 e 12 de xullo. O certame contará coa presenza de 22 adegas desta denominación de orixe ourensá e despregará un programa que contará, como novidade, con diversas actuacións musicais, entre elas a dunha das mellores bandas europeas que renden tributo a AC/DC: The Bon Scott Band.