DeportesÚltima hora

Aberto o prazo de inscrición para os cursos deportivos infantís en Verín

As actividades que se ofertan son bailes urbanos e acrosport
Unha imaxe da Feira do San Lázaro 2016 en Verín.
Unha imaxe da Feira do San Lázaro en Verín.

Acrosport e bailes urbanos. Son as actividades que se ofertan dende a Concellería de Deportes de Verín dentro dos cursos deportivos municipais, cuxo prazo de inscrición permanece aberto.

A acrosport é un deporte socio-motriz, onde existe sempre a presenza dun ou varios compañeiros que sincronizan as súas accións nun espazo. Trátase dunha actividade, enfocada a nenos e nenas nados entre o 2002 e o 2010, e impartirase martes e xoves de 18:15 a 19:15 horas.

Con respecto aos bailes urbanos inclúen Zumba, Hip Hop, Popping, Funky e Cramp. Son actividades enfocadas a nenos e nenas nados entre o 2002 e o 2010, impartirase martes e xoves en dous grupos: infantil (martes e xoves de 17:30 a 18:15 horas) e xuvenil (martes e xoves de 18:15 a 19 horas).

 

Bailando na Feira do San Lazaro 2016.
Bailando na Feira do San Lazaro 2016.

Todas as actividades desenvoleranse na piscina climatizada e os presos serán de 56,50 euros para empadroados e de 70,60 euros para non empadroados.

Información e inscrición no Pavillón Municipal de Deportes (988 41 11 40), de luns a venres de de 9 a 14 horas.

Artigos relacionados

Back to top button