ConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico na N-536, entre Sobradelo e O Barco

Imaxe do accidente na N-536.

Pasadas as 13h. do 19 de xullo tiña lugar un accidente de tráfico entre un camión e unha furgoneta na N-536, estrada que conecta O Barco con Sobradelo (Carballedad e Valdeorras). En concreto producíase na zona de Millarouso e Santurxo. Como resultado do sinistro resultaba ferida unha persoa, segundo informa o 112.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse ao GES de Valdeorras, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico. O 112 Galicia tivo coñecemento da situación ás 13:20 horas, a través dun aviso do 061-Urxencias Sanitarias. Ata alí tamén se desprazaba unha ambulancia.

Artigos relacionados

Back to top button