Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Extinguido o incendio forestal en Garabás (Maside)

Unha gran columna de fume ocultaba o ceo de verán na parroquia de Garabás, no concello de Maside. Ás 13:26h. da tarde do 10 de agosto iniciábase un incendio forestal que polo de agora, segundo as últimas estimacións feitas públicas por Medio Rural, queimaba 41,2 hectáreas, das cales 36,2 son de arborado e o resto de monte raso.

O incendio quedaba controlado ás 20:01h. desa mesma tarde e ás 14:07h. do 11 de agosto extinguíase. Na súa extinción participaron 1 técnico, 8 axentes, 28 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 13 helicópteros e 4 avións.

Durante os labores de extinción resultaba calcinado un camión motobomba, ao parecer da mancomunidade da zona, pero sen que haxa que lamentar danos persoais.

Artigos relacionados

Back to top button