Acto de homenaxe e despedida ao actor Paco González en Vilardesilva

Terá lugar o 22 de xullo a partires das 20h. na Casa Chao do Prao desta localidade de Rubiá

 

Paco González, na imaxe difundida pola familia con motivo da homenaxe que se lle tributará o día 22 de xullo.

A través das lembranzas, de imaxes, videos ou mesmo actuacións espontáneas farase unha homenaxe moi especial ao clown valdeorrés Paco González, falecido recentemente en Alemaña. Será ademais un acto de despedida a este emblemático actor, un dos promotores na década dos 90 da Familie Flöz, compañía que mesturaba de xeito vangardista o clown coa máscara.

O acto está previsto o vindeiro 22 de xullo a partires das 20h. na Casa Chao do Prao en Vilardesilva (Rubiá). Na convocatoria deste acto, a familia de Paco González agradece as mostras de agarimo recibidas e convida ás persoas interesadas a participar nesta homenaxe.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies