ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Acto informativo de Amigos da Terra en Trives

A charla sobre o voluntariado europeo tiña lugar no Salón de Actos do Concello

Unha quincena de persoas da comarca trivesa asistían na tarde do 27 de setembro á charla informativa impartida polo técnico de Amigos da Terra Ángel Dorrio sobre o servizo do voluntariado europeo, na Pobra de Trives.

O acto enmárcase no proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE) que Amigos da Terra está levando a cabo. Un programa que, tal como explican dende a asociación “fomenta a mobilidade dos mozos e mozas europeas para que coñezan as diferentes realidades doutros países participando en iniciativas sociais, artísticas, culturais, do patrimonio ou medio ambiente”.

A través do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Amigos da Terra está levando a cabo distintas presentacións nos concellos cabeceiras das comarcas do sur de Galicia ata mediados de outubro. Nestas charlas levarase a cabo un primeiro achegamento ao SVE, as súas vantaxes, os requisitos de participación, a duración, as actividades que se poden levar a cabo e as condicións de financiamento. Tamén se contará coa testemuña de Kelly Goris, de Holanda, que achegará a súa vivencia como voluntaria na asociación.

Dorrio e Goris achegaranse ata O Barco de Valdeorras o luns 3 de outubro para impartir a charla “Queres vivir unha experiencia no estranxeiro?” ás 19:30 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos.

Artigos relacionados

Back to top button