DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Adas regresa con bo sabor de boca do XIV Cross Internacional de Atapuerca

Esta proba de campo a través desputábase na mañá do 12 de novembro en terras burgalesas coa presenza de corredores valdeorreses

Os atletas do Club Adas Proinor de campo a través desprazábanse a pasada fin de semana ata a provincia de Burgos. Alí desputaban na mañá do 12 de novembro o XIV Cross Internacional de Atapuerca. Na categoría cadete feminino tomaba a saída Inés Docampo, que conseguía situarse entre as 17 primeiras, sendo a mellor corredora galega.

En xuvenil feminino tamén facía unha boa actuación a barquense Marta Ballesteros, que era a segunda galega e chegaba na posición 34; mentres que en absoluto feminino Leticia Fernández, Joana Monteiro e Barca Toba testaban o seu estado de cara a esta tempada de cross. “Leticia foi na parte alta da carreira ata que as súas costas llo permitiron. Aínda que ao final entraría entre as mellores ao igual que Joana Monteiro. Barca sufriu un pouco máis pero co obxectivo de ir mellorando en cada carreira”, tal e como se valora dende o Adas.

Na competición masculina, Alejo Ares saía con forza e colocábase entre os mellores na meirande parte da carreira. Finalmente concluía no posto 74 “e a súa melloría de máis dun minuto con respecto ao ano anterior amósanos que vai no bo camiño”, segundo se destaca dende o club. Tamén participaba Marcos Casado, que remataba a proba “mellor do esperado”.

Fotos: Club Adas Proinor.

Artigos relacionados

Back to top button