CulturaCulturaÚltima hora

Adolfo Rodríguez abre o ciclo sobre a reforma protestante no Casino do Barco

Impartía na tarde do 23 de novembro a ponencia “Doctrina de Lutero (Los cinco solos)”

Nos principios da teoloxía de Lutero que marcan as diferenzas cos católicos centraba a súa intervención Adolfo Rodríguez Iglesias, licenciado en Teoloxía dogmática, na tarde do 23 de novembro. Este ponente abría o ciclo sobre a reforma protestante que promove o Casino do Barco e que continuará o 24 de novembro con outra conferencia do investigador valdeorrés Isidro García Tato, tamén doutor en Teoloxía.

Antes da exposición da ponencia, Félix González, en representación do Casino do Barco, comentaba como xurdía a iniciativa de organizar este ciclo, que coincide coa celebración do quinto centenario da reforma protestante, “unha reforma que cambiou a historia do mundo, marcou un antes e un despois”. Así, explicaba que a directiva do Casino, encabezada polo seu presidente, Julio Crespo, quixo “ampliar o campo de actuación” desta entidade “non só en actividades de esparcemento e recreo, senón levala tamén ao ámbito da cultura”.

De seguido, tomaba a palabra Adolfo Rodríguez quen se refería á figura de Martin Lutero, un monxe que “sentiu unha crise interior moi grande como froito do tempo, que lle levou a plantexarse como encontrar a un deus benévolo”. E de aí xurdiu un novo entendemento teolóxico que pode resumirse nos seus cinco sós denominados en latín: sola gratia, sola fide, sola scriptura, sola Christus, sola Deo Gloria. Antes de abordar cada deles, Rodríguez Iglesias facía unha introdución para explicar a evolución teolóxica que marcou o contexto no que nace e se forma Lutero e que determinará a súa teoloxía.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button