DeportesÚltima hora

Adrenalina e terra, ingredientes para o Campionato Mundial de Rallycross que se celebra mañá en Montealegre

O municipio portugués Montealegre prepárase para recibir o “World Rally Cross of Portugal” (Campionato do mundo de Rallycross). Esta tarde (20 de abril) a comitiva organizadora deste evento trasladouse até Ourense, para presentar os pormenores da competición. Unha cita moi vinculada a Ourense, xa que o Inorde participa de xeito activo nesta competición. Os coches saltarán á terra do Circuíto de Montealegre entre o 21 e o 23 de abril.

Na presentación de hoxe, na rúa Cruz Vermella (entre o Pazo Provincial e o Centro Cultural Marcos Valcárcel) a emoción e a adrenalina estiveron presentes. Os encargados de presentar devandita cita foron o presidente do Inorde e Vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; o presidente da Câmara de Montealegre (Concello de Montealegre), Orlando Alves, e Jorge Fonseca, do Club Automóvel de Vila Real. Canda eles, estivo presente o corredor alemán Timo Scheider, que vén de aterrar no mundo do Rallycross hai excasos dous anos, tras seres piloto de referencia en DTM para Audi.

Segundo comentou Shceider, que agora corre como piloto titular do equipo Max Pucher MJP Team Austria nun Ford Fiesta acompañado de Kevin Eriksson, a principal dificultade de Montealegre “é a súa altitude”, aínda que reiterou que tras o mundial de Barcelona vén coas pilas cargadas e con optimismo para este mundial: “isto é un novo reto para nós, aínda que creo que imos estar á altura. Non vai ser unha proba doada, xa que se nos pon diante un desafío moi grande”. Por todo isto, Shceider animou ao público español e portugués a que acudan a esta cita extrema xa que “estou seguro de que o imos pasar moi ben”, apuntou.

Como dato anecdótico, para demostrar a alta capacidade da competición, o alcalde de Montealegre, Orlando Alves, dixo que o circuíto “ten capacidade para acoller a toda a poboación da vila”. Ao mesmo tempo apuntou que as relacións entre Montealegre e Ourense “son xa históricas” e animou “a todos os galegos e os españois” a que vaian á competición.

Texto e fotos: Carlos Asensio.  

Artigos relacionados

Back to top button